Nome orixinal | (en) John Paul Meier |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de agosto de 1942 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 18 de outubro de 2022 (80 anos) South Bend, Estados Unidos de América (pt) |
Honorary Prelate (en) | |
1994 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificio Instituto Bíblico Pontificia Universidade Gregoriana Saint Joseph's Seminary (en) Universidade Católica de América |
Actividade | |
Campo de traballo | New Testament studies (en) e cristianismo primitivo |
Ocupación | sacerdote católico , teólogo , historiador , biblista (pt) |
Empregador | Universidade Católica de América Universidade de Notre Dame (pt) |
Lingua | Lingua inglesa e lingua latina |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
John Paul Meier, nado en Nova York o 8 de agosto de 1942 e finado o 18 de outubro de 2022,[1] foi un sacerdote católico e historiador estadounidense, un dos máximos especialistas no estudo do Xesús de Nazaret histórico.[1] Foi autor de diversos libros e de máis de 80 artigos para revistas e libros.
Estudou na Universidade Gregoriana de Roma e no Instituto Bíblico da mesma cidade. Foi profesor da Universidade de Notre Dame. Adicado aos estudos bíblicos, realizou varias investigacións sobre o Evanxeo de Mateu. Acadou sona internacional, tanto entre eruditos como entre o gran público, coa publicación da súa obra en varios tomos titulada un Xudeu marxinal. Nova visión do Xesús Histórico. Neles abordou as raíces do problema e da persoa (Tomo I), Xoán o Bautista e Xesús, o Reino de Deus e os Milagres (Tomo II), os compañeiros de Xesús e os competidores (Tomo IV) e a Lei e o Amor (Tomo V).[2]
A súa condición de sacerdote católico e de expresidente da Asociación Bíblica Católica non lle impediu soster opinións, na súa calidade de historiador e esexeta, que se afastan da doutrina tradicional da Igrexa Católica como a relativa aos irmáns carnais de Xesús.