Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xuño de 1947 San Francisco, Estados Unidos de América |
Morte | 18 de agosto de 2022 (75 anos) Las Vegas, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Estatal de San Jose Mira Loma High School (en) |
Altura | 188 cm |
Peso | 110 kg |
Actividade | |
Ocupación | lanzador de disco, atleta |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | Lanzamento de disco |
Participou en | |
1984 | Xogos Olímpicos de 1984 |
1976 | Xogos Olímpicos de 1976 |
1972 | Xogos Olímpicos de 1972 |
Cadro de medallas | ||
---|---|---|
Xogos Olímpicos | ||
Montreal 1976 | Lanzamento de disco | |
Os Ánxeles 1984 | Lanzamento de disco | |
Campionatos Mundiais | ||
Roma 1987 | Lanzamento de disco | |
Xogos Pan-Americanos | ||
Cidade do México 1975 | Lanzamento de disco |
John Gates Powell, nado en San Francisco (California) o 25 de xuño de 1947[1] e finado en Las Vegas o 19 de agosto de 2022,[2] foi un atleta estadounidense, especialista en lanzamento de disco. Foi recordista mundial desta disciplina cando en 1975 atinxiu a marca dos 69.08 metros, aínda que, conseguiu, como a súa mellor marca persoal, o rexistro dos 71.26 metros, en 1984, o que o coloca como o noveno mellor lanzador de disco de todos os tempos.[3]
Powell formou parte en catro ocasións do equipo olímpico estadounidense. Acabou cuarto en 1972, gañou o bronce en 1976,[1] e foi membro do equipo de 1980 que non chegou a competir por mor do boicot olímpico de 1980. Non obstante recibiu unha das 461 medallas de ouro do Congreso creadas especificamente para os deportistas.[4] Posteriormente gañou a medalla de bronce en 1984 nos Ánxeles.
En 2019 foi incluído no National Track and Field Hall of Fame.[5]