Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1950 Alofi, Niue |
Morte | 1 de agosto de 2018 (67 anos) |
Deputado do Parlamento das Illas Cook | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade do Pacífico Sur Universidade do Havaí (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Demócrata |
John David Tangi, nado o 13 de novembro de 1950 en Alofi (Niue), é un ministro eclesiástico e político das Illas Cook.
Tangi, que ten o título tradicional de Itaaka Rangatira e é o voceiro de Makea Vakatini Ariki, foi á escola primaria en Rarotonga e comezou a secundaria na illa rematándoa en Niue. Os estudos universitarios realizounos de 1978 a 1981 na Universidade do Pacífico Sur de Suva (Fidxi) e en 1981 na Universidade de Hawaii, tamén estudou teoloxía (1990-1992) e mais é pastor das Asembleas de Deus. Resultou elixido por vez primeira para o Parlamento das Illas Cook nas eleccións de 2006 como demócrata en representación da circunscrición de Tupapa/Maraerenga. En xullo de 2010 perdeu nas eleccións primarias do seu partido[1] e optou por presentarse como independente nas eleccións de 2010,[2] quedando o último de catro candidatos co 9.5% dos votos.