![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1933 ![]() Anstey, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Morte | 8 de setembro de 1966 ![]() Koblenz, Alemaña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo ![]() |
Deporte | automobilismo Motociclismo ![]() |
![]() ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
John Malcolm Taylor nado o 23 de marzo de 1933 e finado o 8 de setembro de 1966[1] foi un piloto de carreiras de Inglaterra. Participou en cinco Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1 e tamén participou en varias carreiras for do campionato de Fórmula Un.[1] O seu debut na Fórmula Un foi o 11 de xullo de 1964 no Gran Premio do Reino Unido de 1964 en Brands Hatch pilotando un Cooper - Ford T73 dun litro e 4 cilindros, terminou 14º, 24 voltas para abaixo, despois dun pit-stop prolongado debido a un problema na caixa de cambios.[1] Taylor non competiu no Campionato do Mundo de Fórmula Un, en 1965, pero continuou a pilotar en carreiras fora do campionato. Regresou ás carreiras de Gran Premio en 1966 pilotando un Brabham–BRM de dous litros para o privado David Bridges. A súa primeira carreira na tempada foi o Gran Premio de Francia de 1966 en Reims onde logrou o seu único punto de campionato. Seguiron dos oitavos lugares no Gran Premio do Reino Unido de 1966 en Brands Hatch e no Gran Premio dos Países Baixos de 1966 en Zandvoort.[1]
Taylor morreu despois dun accidente no Gran Premio de Alemaña de 1966, cando o Brabham chocou co Matra de Jacky Ickx na primeira volta da carreira. Saíu dos restos gravemente queimado e morreu das súas feridas catro semanas despois.[1]
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1964 | Bob Gerard Racing | Cooper T73 | Ford S4 | MON | NED | BEL | FRA | GBR 14 |
ALE | AUT | ITA | USA | MEX | NC | 0 |
1966 | David Bridges | Brabham BT11 | BRM V8 | MON | BEL | FRA 6 |
GBR 8 |
NED 8 |
ALE Ret |
ITA | USA | MEX | 20º | 1 |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Taylor ![]() |