Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (eu) Jon Guruzeta Rodríguez 3 de abril de 2000 (24 anos) Donostia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,85 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2019 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Xabier Guruzeta Aizpún | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Gorka Guruzeta |
Jon Guruzeta Rodríguez, nado en Donostia o 3 de abril de 2000, é un futbolista vasco, que xoga como centrocampista no Sestao River, da Primeira División RFEF. a. É fillo do exfutbolista Xabier Guruzeta e irmán de Gorka Guruzeta.
Naceu en Donostia no seo dunha familia vencellada ao fútbol. Seu pai, Xabier Guruzeta, xogara varias tempadas na Primeira División na década de 1990 nas filas da Real Sociedad, ademais de militar noutros clubs de Segunda como o Alavés ou o Ourense, mentres que o seu irmán maior, Gorka, tamén elixiu o fútbol como profesión. Ambos irmáns comezaron a xogar no Antiguoko, pasando máis tarde á canteira do Athletic Club, á que Jon se incorporou en 2018.[1]
Xogou co xuvenil na División de Honra e pasou polos dous filiais (Basconia e Bilbao Athletic), antes de desvencellarse do club en 2023, cando fichou polo Sestao River, da Primeira División RFEF.[2]