Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (eu) Jon Magunazelaia Argoitia 13 de xullo de 2001 (23 anos) Eibar, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,8 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jon Magunazelaia Argoitia, nado en Éibar o 13 de xullo de 2001, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo na Real Sociedade B, da Primeira División RFEF.
Formouse nas canteiras do Eibar e da Real Sociedade, incorporándose a este último club no 2016.[1][2] Na tempada 2020/21 debutou coa Real Sociedad C, nun partido ante o Gernika,[3] e un mes e medio despois marcou os seus primeiros goles completando un triplete ante o Somorrostro.[4] Esa mesma campaña o equipo logrou o ascenso á Segunda División RFEF.
O 18 de setembro de 2021 debutou coa Real Sociedad B na Segunda División, nun empate 1-1 ante o Zaragoza.[5] Xogou 26 encontros co primeiro filial do club durante a campaña, anotando 2 goles, pero o equipo acabou descendendo.
O 27 de outubro de 2022 debutou co primeiro equipo na Europa League, substituíndo ao seu compañeiro Jon Karrikaburu na na segunda metade da vitoria por 0-2 sobre o AC Omonia. O seu debut na Primeira división produciuse tres días despois, cando substituíu a Carlos Fernández ante o Real Betis.