Joni Nyman

Modelo:BiografíaJoni Nyman
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Pori, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeador Editar o valor en Wikidata
Deporteboxeo Editar o valor en Wikidata
Participou en
1988Xogos Olímpicos de 1988
1984Xogos Olímpicos de 1984 Editar o valor en Wikidata

Joni Nyman, nado en Pori o 5 de setembro de 1962, é un ex-boxeador finlandés, medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de 1984. Tamén competiu nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl, onde caeu derrotado en cuartos de final.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Participou nos Xogos Olímpicos de 1984 nos Ánxeles, na categoría do peso wélter, derrotando sucesivamente ao camerunés Georges-Claude Ngangue, ao irlandés Kieran Joyce e ao xamaicano Dwight Frazer, ata que caeu derrotado en semifinais contra o surcoreano An Young-su, regresando a Finlandia coa medalla de bronce.[1] Catro anos despois, nos Xogos Olímpicos de Seúl, eliminou ao galego-canadense Manny Sobral, ao sueco Sören Antman e ao zambiano Dimus Chisala, e foi derrotado nos cuartos de final contra o estadounidense Kenneth Gould.[2]

Posteriormente tivo unha carreira como boxeador profesional, obtendo 15 vitorias e seis derrotas.[3]

  1. "Boxeo nos Xogos Olímpcios de 1984 (peso wélter)". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  2. "Boxeo nos Xogos Olímpicos de 1988 (peso wélter)". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  3. "Carreira como profesional de Joni Nyman". boxrec.com (en inglés). Consultado o 14 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]