Joseph Sabine

Modelo:BiografíaJoseph Sabine

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1770 Editar o valor en Wikidata
Hertfordshire, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xaneiro de 1837 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Londres (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Kensal Green Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, zoólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSociedade Linneana de Londres Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaSabine Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisJoseph Sabine Editar o valor en Wikidata  e Sarah Hunt Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata

Joseph Sabine, nado o 6 de xuño de 1770 en Tewein, Hertfordshire (Reino Unido), e finado o 24 de xaneiro de 1837 en Londres, foi un avogado e naturalista inglés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Joseph Sabine naceu no seo dunha prominente familia anglo-irlandesa en Tewin, Hertfordshire. Era o fillo máis vello de Joseph Sabine. Seu irmán máis novo foi Sir Edward Sabine.[1]

Practicou o dereito até 1808, cando foi nomeado inspector xeral de impostos, posto que ocupou até 1835.[1]

Durante toda a súa vida foi un apaixonado da historia natural. Ademais das súas actividades en horticultura e das súas investigacións en botánica, foi un ornitólogo reputado.[1]

Tivo un interese permanente na historia natural, e foi un dos primeiros membros da Sociedade Linneana de Londres elixido o 7 de novembro de 1779. Foi secretario honorario da Royal Horticultural Society de 1810 a 1830, e tesoureiro, e recibiu a súa medalla de ouro por organizar as contas, que deixara nun estado de desorde Richard Anthony Salisbury. Dirixiu o establecemento dos xardíns da Sociedade en Hammersmith, e despois en Chiswick. Enviou a David Douglas e a outros membros a recolectar espécimes e iniciou sociedades locais como extensións da Sociedade. Contribuíu con ao rededor de corenta artigos sobre flores e hortalizas para as súas Transactions. Seu manexo das contas levouno a grandes débedas, e dspois dunha ameaza de censura por parte dun comité, renunciou en 1830.[1]

Despois, Sabine centrouse no cargo de secretario e vicepresidente da Sociedade Zoolóxica de Londres, aumentando significativamente a súa colección de animais. Foi unha autoridade recoñecida sobre a muda, migración e costumes das aves británicas.[1]

Foi elixido membro da Royal Society en novembro de 1799.[2]

Seu irmán Edward Sabine foi un dos membros da viaxe polo Ártico de John Ross en 1818. Enviou a Joseph un exemplar dunha nova gaivota que fora descuberta durante a expedición, á que Joseph chamou a gaivota de Sabine (Larus sabini) na honra do seu irmán.

Joseph Sabine morreu en Londres o 24 de xaneiro de 1837, e foi soterrado no cemiterio de Kensal Green o 1 de febreiro.[1]

Publicación seleccionada

[editar | editar a fonte]
Xénero
Especies

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Boulger, George Simonds (1897): "Sabine, Joseph (1770-1837)". En Lee, Sidney (ed.) Dictionary of National Biography. Vol. 50. London: Smith, Elder & Co.
  2. Library and Archive Catalogue (xullo 2007). Royal Society, ed. "List of Fellows of the Royal Society 1660 – 2007" (PDF). Arquivado dende o orixinal (pdf) o a7 de maio de 2015. 
  3. J. Bot. 6: 228, 238 1868 (IK)
  4. Chlor. Melvill. 226 1823 (GCI)
  5. Sabine – Joseph Sabine (1770-1837) no IPNI.