Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1761 |
Morte | 10 de xaneiro de 1833 (72 anos) Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Lugar de traballo | Gran Londres París |
Ocupación | anatomista, zoólogo |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Brookes |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Joshua Brookes, nado o 24 de novembro de 1761 e finado o 10 de xaneiro de 1833 en Londres, foi un anatomista e naturalista inglés.
Estudou en Londres con William Hunter, William Hewson, Andrew Marshall e John Sheldon, desde 1718 até 1783.
Máis tarde asistiu á prácticas de Antoine Portal e outros eminentes cirurxiáns do Hôtel-Dieu de Paris, o máis antigo hospital da cidade de París, Francia,[1] [2]
Brookes foi profesor de anatomía en Londres e realizou numerosos traballos sobre esta disciplina, creando un importante museo dedicado a ela grazas á técnica que desenvolveu para a conservación das preparacións, o chamado Museo Brookesiano de anatomía comparada.
Este museo privado descríbese no seu catálogo de 1830 como «Museum Brookesianum, que abarca unha case interminábel colección de todas as preparacións anatómicas, patolóxicas, obstétricas e zootómicas, así como exemplares de Historia Natural».
Foi elixido membro da Royal Society en 1819, e así mesmo foi membro da Linnean Society of London.
Brookes deixou a ensinanza en 1826 debido ao seu mal estado de saúde. Despois de tratar sen éxito de desfacerse das súas coleccións completas do seu Museo, vendeuno de forma fragmentaria. (A venda final tivo lugar o 1 de marzo de 1830 e nos 22 días seguintes).
Morreu o 10 de xaneiro de 1833 en Great Portland Street, Londres.
En 1817 describiu o xéneros dos licaóns (Lycaon) e, en1828 os do guepardo (Acinonyx) e do mamut (Mammuthus).
En 1864, co fin de honrar a Joshua Brookes, o naturalista John Edward Gray denominou como Brookesia a un xénero de camaleóns (os chamados camaleóns de cola curta ou camaleóns folla, endémicos de Madagascar).
A abreviatura Brookes emprégase para indicar a Joshua Brookes como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joshua Brookes |