Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1922 Maputo, Mozambique |
Morte | 6 de febreiro de 2003 (80 anos) Maputo, Mozambique |
Actividade | |
Lugar de traballo | Casa dos Estudantes do Império (pt) |
Ocupación | poeta, xornalista, escritor |
Empregador | A Tribuna (pt) |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Africa: An Encyclopedic Reference (en) , (vol:2) |
José João Craveirinha, nado en Maputo o 28 de maio de 1922 e finado o 6 de febreiro de 2003 na Xohanesburgo[1], foi un escritor e xornalista mozambicano. Prémio Camões en 1991. É considerado o maior poeta mozambicano.[2]
José Craveirinha naceu no Xipamanine, en Lourenço Marques (actual Maputo),[3] o 28 de maio de 1922, fillo de pai algarvio-portugués (de Aljezur) e nai ronga[4]. Viviu coa nai, pai e madrasta.[5]
Estudou na escola «Primeiro de Janeiro», pertencente aos masóns.
Como xornalista, colaborou nos periódicos mozambicanos O Brado Africano, Notícias, Tribuna, Notícias da Tarde, Voz de Moçambique, Notícias da Beira, Diário de Moçambique e Voz Africana. Fixo campaña contra o racismo no Notícias, onde traballaba, tendo sido o primeiro xornalista oficialmente sindicalizado.
Utilizou os seguintes pseudónimos: Mário Vieira, J.C., J. Cravo, José Cravo, Jesuíno Cravo e Abílio Cossa. Foi presidente da Associação Africana na década de 1950.
Estivo preso pola PIDE entre 1965 e 1969 por formar parte dunha célula da 4.ª Rexión Político-Militar da Frelimo. As súas ideas baseábanse na conciencia africana, a xustiza social, o anticolonialismo e a independencia nacional, que preocupou a toda África durante a segunda guerra mundial.[6]
Foi o primeiro presidente da Mesa da Assembleia Geral da Associação dos Escritores Moçambicanos, entre 1982 e 1987. Na súa homenaxe, a Associação dos Escritores Moçambicanos (AEMO), en conxunto coa HCB (Hidroeléctrica de Cahora Bassa), instituíu en 2003, o Prémio José Craveirinha de Literatura.
A pesar de que a súa obra reflectiu a influencia dos surrealistas, está fortemente marcada por todo un carácter popular e tipicamente mozambicano. A súa poesía posúe un carácter social que radica nas camadas máis profundas do pobo mozambicano.[7]