José Ramón Fernández Álvarez

Modelo:BiografíaJosé Ramón Fernández Álvarez

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) José Ramón Fernández Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Cuba Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xaneiro de 2019 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Deputado da Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba
1978 – 1 de marzo de 2012
Deputy Prime Minister of Cuba (en) Traducir
1976 – 2012 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Cuba Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rama militarForzas Armadas Revolucionarias de Cuba Editar o valor en Wikidata
Rango militarxeneral de brigada (1996–)
comandante (1961–)
capitán (1959–) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteJosé Ramón Fernández, Who Helped Form Cuba’s Army, Dies at 95 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5243326

José Ramón Fernández Álvarez, coñecido como Gallego Fernández,[1] nado en Santiago de Cuba o 4 de novembro de 1923 e finado na Habana o 6 de xaneiro de 2019,[2] foi un militar cubano, Heroe da República de Cuba e un dos dirixentes históricos da Revolución Cubana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de inmigrantes asturianos,[2] naceu en Santiago de Cuba en 1923. En 1947 graduouse na Escola de Cadetes de Cuba e tamén na Escola de Artillaría. Fixo tamén outros cursos nos Estados Unidos e Cuba.

A partir do golpe de Estado do 10 de marzo de 1952 participou en diversas actividades e movementos conspirativos contra a tiranía batistiana, ata que en 1956 foi detido ao ser descuberto o movemento "Los puros" e xulgado en consello de guerra sumarísimo. Foi condenado a prisión, onde permaneceu ata o triunfo da Revolución cubana o 1 de xaneiro de 1959.

Foi ascendido a capitán en 1959, a comandante en 1961 e a xeneral de brigada na reserva en 1996. Como membro das Fuerzas Armadas Revolucionarias comandou unha das agrupacións principais de tropas na loita contra a invasión de Baía de Cochinos.

Logo do triunfo da Revolución ocupou postos de responsabilidade na cúpula cubana.[2] Foi deputado na Asamblea Nacional del Poder Popular dende 1976 ata a súa morte e tamén integrante do Comité Central do Partido Comunista de Cuba. Foi membro do Consello de Estado durante as II e III lexislaturas e asumiu a vicepresidencia do Consello de Ministros de Cuba de 1978 a 2012,[3] momento no que foi designado Asesor do Presidente dos Consellos de Estado e de Ministros. Representou ao Goberno de Cuba na investidura de presidentes en varios países latinoamericanos. Foi membro do Comité Executivo da Organización Deportiva Panamericana. No momento da súa morte era membro do Comité Olímpico Cubano.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2009 concedéronlle a Medalla de Ouro de Asturias, e en 2004, durante a súa última viaxe a España, recibiu o título de fillo predilecto de Oviedo que lle fora concedido en 2000.[2]

  1. "Falleció el Gallego Fernández". Granma.cu (en inglés). Consultado o 2019-01-06. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Muere a los 95 años el "Gallego Fernández", héroe de la Revolución cubana". www.efe.com (en castelán). Consultado o 2019-01-06. 
  3. "Nota oficial - Diario Gramma". web.archive.org. 2012-03-24. Archived from the original on 24 de marzo de 2012. Consultado o 2019-01-06.