Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1951 (73 anos) |
Actividade | |
Ocupación | piragüista |
Deporte | piragüismo |
Participou en | |
1976 | Xogos Olímpicos de 1976 |
José Seguín Santos, nado nos Blancos o 21 de novembro de 1951, é un ex-piragüista galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, nas probas de K2 500m e K2 1000m, logrando dous diplomas olímpicos.
Participou nos Xogos Olímpicos de 1976 en dúas probas diferentes, o K2 500m e o K2 1000m, formando parella nas dúas con Guillermo del Riego. Na primeira delas quedou ás portas das medallas, ao rematar na cuarta posición a menos dun segundo dos terceiros, os romaneses Larion Serghei e Policarp Malîhin, mentres que o ouro foi para os piragüistas da RDA Joachim Mattern e Bernd Olbricht e a prata para os soviéticos Sergei Nagornyi e Vladimir Romanovskii.[1] Na distancia de 1000 metros sumaron o seu segundo diploma olímpico, ao finalizaren en quinta posición, nunha proba que gañaron os soviéticos Nagornyi e Romanovskii.[1]
Trala súa retirada foi adestrador de piragüismo e seleccionador do equipo español de canoas, ao que dirixiu nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl.