Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de outubro de 1975 (49 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | piragüista |
Deporte | piragüismo |
Participou en | |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 |
Jovino González Comesaña, nado en Vigo o 16 de outubro de 1975, é un ex-piragüista galego, que competía na modalidade de augas tranquilas. Participou en dous Xogos Olímpicos, sendo o seu mellor resultado o quinto posto na proba de K-4 1000 m en Atlanta 1996.
Comezou a destacar no piragüismo dende as categorías inferiores, ao igual que a súa irmá Marián, e en 1994 dispuotu en Xochimilco o seu primeiro Campionato Mundial, rematando en oitava posición no K4 500 metros.[1][2] En 1995 proclamouse campión de España en K1 200 m, e logrou clasificarse para os Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta, en dúas probas diferentes: K2 500 e K4 1000. Conseguiu meterse nas finais olímpicas do K4 e volveu á casa cun diploma olímpico (5º posto).[3]
Nos Xogos Olímpicos de 2000 participou no K1 500m, meténdose na final e conseguindo o seu segundo diploma. Na mesma distancia, en 2002 conseguiu un bronce no Campionato de Europa celebrado en Szeged, e dous anos despois repetiu metal no K1 1000 metros en Poznan.[5]
Logrou a clasificación tamén para os Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas, no K1 1000 metros, pero pouco antes do comezo dos Xogos, foi expulsado do equipo español por dar positivo por EPO nun control antidopaxe.[6] Foi sancionado durante dous anos e regresou á competición en 2006.[7] Ao ano seguinte regresou ao Campionato de Europa, onde conseguiu meterse na final, e repetiu participación tamén en 2008 e 2009.
Campionato Europeo | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Evento |
2002 | Szeged | Bronce | K1 500m |
2004 | Poznan | Bronce | K1 1000m |