Joy (EP)

Joy
EP de Minutemen
Data de edición: agosto de 1981
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación: 1 de agosto de 1981
Estudio(s) de gravación: {{{estudio}}}
Duración: 3:18
Xénero musical: hardcore punk
Selo discográfico: New Alliance Records
Producido por:
Cronoloxía
Paranoid Time Joy The Punch Line

Joy é un EP de tres temas da banda estadounidense de hardcore punk Minutemen, publicado en agosto de 1981. Gravado non moito despois da edición do seu primeiro EP, Paranoid Time, trátase do primeiro traballo que o grupo editou a través do seu propio selo New Alliance Records.

O EP tamén aparece como parte do casete My First Bells e do CD Post-Mersh Vol. 3, ámbolos dous lanzados por SST Records. SST reeditou o EP en 1987 pouco despois de mercarlle New Alliance Records a Mike Watt. Cando SST tomou control de New Alliance e do seu catálogo, o selo cambiou a data do copyright do EP para 1987, causando que algúns seguidores da banda cresen que o EP contiña material non editado anteriormente. Joy foi tamén reeditado en vinilo de 10" coloreado e en 1988 coo un CD de 3".

Segundo o libreto do disco todo o traballo foi gravado en cinco horas.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
Cara 1
  1. "Joy" (Hurley, Watt)
  2. "Black Sheep" (Hurley, Watt)
Cara 2
  1. "More Joy" (Boon, Cadena, Watt)