Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1745 Estremoz, Portugal |
Morte | 1799 (53/54 anos) Alentexo, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | compositor, profesor de música |
Xénero artístico | Ópera, música clásica e liturgical music (en) |
Movemento | Música barroca |
Instrumento | Órgano |
Descrito pola fonte | Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) , (p.91), |
João de Sousa Carvalho, nado o 22 de febreiro de 1745 en Estremoz (Portugal) e finado no Alentexo contra o 1798, foi un compositor e profesor portugués.
João de Sousa Carvalho naceu en Estremoz en 1745, fillo de Paulo de Carvalho e de Ana Maria Angélica. Dende o 28 de outubro de 1753 estudou en Vila Viçosa, no colexio dos Santos Reis Magos, e a partir de 1761 no Conservatorio di S. Onofrio de Nápoles con Carlo Cotumacci. En 1766 a súa obra La Nitteti (con libreto de Pietro Metastasio) foi interpretada en Roma. En 1767 volveu a Portugal, e o 22 de novembro dese mesmo ano adheriuse á Irmandade de Sta. Cecília en Lisboa, foi nomeado profesor de contrapunto do Seminario da Patriarcal, onde máis tarde exerceu como mestre entre 1769 e 1773, e mestre de capela entre 1773 e 1798. Entre os seus alumnos destacaron António Leal Moreira, João José Baldi, e o célebre compositor de ópera Marcos Portugal. En 1778 converteuse en profesor de música da familia real portuguesa substituíndo a Davide Perez no cargo. Ao finalizar o seu servizo, retirouse nunha propiedade que tiña no Alentexo, onde morreu contra o ano 1798.
Carvalho foi o compositor máis importante da súa xeración e un dos máis importantes na historia da música do seu país. A súa numerosa obra sacra foi escrita no estilo de Niccolò Jommelli. A súa ópera seria, e as súas serenatas, foron realizadas nos pazos reais de Ajuda e de Queluz.