Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1949 (75 anos) San Francisco, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Judith Hooper, nada en 1949 en San Francisco,[1] é unha xornalista norteamericana.
Hooper traballou como editora e escritora para a revista Omni. Co seu marido, Dick Teresi, coescribiu os libros The Three-Pound Universe (1986) e Would the Buddha Wear a Walkman? A Catalogue of Revolutionary Tools for Higher Consciousness (1990). Posteriormente escribiu o controvertido libro Of Moths and Men (2002), no que argumenta que os experimentos sobre a Biston betularia (bolboreta nocturna exemplo de selección natural) levados a cabo por Bernard Kettlewell entre 1952 e 1972 eran defectuosos e mesmo, implicitamente, dáse a entender que eran fraudulentos.[1] Hooper escribe no prólogo do seu libro, "Eu non son unha creacionista, pero ser acrítica sobre a ciencia é convertela nun dogma."[2] Os papeis de Kettlewell foron reexaminados por Rudge (2005) e Young (2004) que non encontraron xustificación para unha acusación de fraude, e dixeron que "Hooper non proporcionaba nin unha pequena proba que sostivese esta seria alegación".[3] O xenetista Michael Majerus investigou o asunto destas afirmacións de Hooper sobre os traballos de Kettlewell, e concluíu que ela comprendera mal a selección natural e os detalles da predación sobre a Biston betularia. Marjerus considera que este insecto é un exemplo de selección natural excelente para a súa ensinanza escolar.[4] Marjerus repetiu posteriormente en 2001-2008 experimentos similares aos de Kettlewell, que foron publicados póstumos en 2012 e que confirman a corrección das afirmacións de Kettlewell.[5][6]