Nome orixinal | (fr) Jules-Albert de Dion ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Jules Philippe Félix Albert de Dion Wandonne de Malfiance ![]() 9 de marzo de 1856 Carquefou, Loira Atlántico, Francia |
Morte | 19 de agosto de 1946 París, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse ![]() |
Q61268452 ![]() | |
1 de xullo de 1923 – 31 de decembro de 1941 | |
Presidente Câmara sindical das indústrias aeronáuticas (pt) ![]() | |
1908 – 1909 – Robert Esnault-Pelterie → | |
Q61268395 ![]() | |
27 de abril de 1902 – 31 de maio de 1924 | |
Conseiller général de la Loire-Atlantique (en) ![]() | |
1899 – 1934 ← Albert Gaspard Boucher d'Argis de Guillerville (en) ![]() ![]() | |
Presidente Aéro-Club de France (pt) ![]() | |
1898 – 1905 | |
Presidente Société archéologique et historique de Nantes et de Loire-Atlantique (en) ![]() | |
1890 – 1892 | |
Presidente CCFA (en) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francesa |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Industria do automóbil, Máquina de vapor, veículo automóvel (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ocupación | Pioneiro da automoción |
Partido político | Republican Federation (en) ![]() Republican Independents (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Deporte | automobilismo ![]() |
Familia | |
Familia | De Dion family (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Valentine Bouillant (1908–) ![]() |
Nai | Laure Félicité Cossin ![]() |
Premios | |
O Marqués Jules Félix Philippe Albert de Dion de Wandonne, nado o 9 de marzo de 1856 e finado o 19 de agosto de 1946 foi un pioneiro francés da industria automobilística.
Jules-Albert foi un herdeiro dunha importante familia da nobreza francesa, en 1901 sucedeu a seu pai Louis Albert William Joseph de Dion de Wandonne como conde e máis tarde marqués. Un "notorio duelista", tamén tiña paixón pola mecánica.[1] Xa tiña construído un modelo de máquina de vapor, cando, en 1881, viu unha na ventá dunha tenda e pensou en construír outra.[1] Os enxeñeiros, Georges Bouton e seu cuñado, Charles Trépardoux,[2] tiñan unha tenda en Léon onde fabricaban xoguetes tecnolóxicos.[1] Precisando diñeiro para o soño de Trépardoux dun coche a vapor, asociáronse con De Dion.[3]
Durante 1883 formaron a sociedade que sería a compañía automobilística De Dion-Bouton, a maior fábrica de automóbiles durante un tempo. Probaron con máquinas de vapor mariñas, pero logo fóronse ao coche de vapor, constituído por cintas para accionar as rodas dianteiras e guiado pola traseira. Esta máquina ardeu durante unhas probas. En 1884 construíron outra con rodas frontais direccionables e rodas traseiras tractoras. Desde o 2011, é o coche máis antigo que funciona, capaz de levar catro persoas a 38 mph.[2]
Comte de Dion participou co seu modelo en 1887, na "primeira competición motora de Europa",[2] idea de M. Paul Faussier, da revista ciclista Le Vélocipède Illustré.[2] Evidentemente, a promoción foi insuficiente, de Dion foi o único participante,[2] mais deu rematado a carreira.
O eixe de Dion (ou 'eixe morto') foi realmente inventado por Trépardoux, defensor do vapor, xusta antes de que abandonase a compañía pois esta estaba investigando a combustión interna.[4]
En 1898 cofundou o Mondial de l'Automobile (Salón do Automóbil de París).
Morreu en 1946, aos 90 anos,[5] e está soterrado no cemiterio de Montparnasse en París. Hai unha placa de memorial na capela familiar en Wandonne, 3 km ao sur de Audincthun, no departamento do Paso de Calais.
As carreiras de coches comezaron en Francia como resultado directo do entusiasmo co que o público francés acolleu o automóbil. [6] Os fabricantes estusiasmáronse con elas debido á posibilidade de usalas como publicidade para vender os seus coches.[6] A primeira carreira tivo lugar o 22 de xullo de 1894 e foi organizada por Le Petit Journal, un xornal parisiense. Discorría unha distancia duns 122 km entre París e Ruán. Esta foi gañada por de Dion, aínda que non foi premiado coa primeira praza pois o seu automóbil a vapor requiría un fogueiro e os xuíces estimaron iso como fóra dos seus obxectivos.[7]
As raíces tanto do Tour de Francia como de L'Auto (L'Équipe), un diario deportivo, poden ser emprazadas no caso Dreyfus e as accións e opinións ferventes de Dion sobre o tema.
As opinións foron intensas e houbo demostracións de tales por ambas partes no asunto. O historiador Eugen Weber describiu unha conflagración en 1899 na carreira de cabalos de Auteuil en París como "unha xolda política absurda" cando, entre outros sucesos, o presidente de Francia Émile Loubet foi golpeado na cabeza cun caxato brandido por de Dion.[8][9] Pasou 15 días no cárcere e foi multado con 100 francos,[9][10] e o seu comportamento foi duramente criticado por Le Vélo, o maior diario deportivo de Francia, e o seu editor pro-Dreyfus, Pierre Giffard. O resultado foi que de Dion retirou toda a súa publicidade do xornal,[11] [12] e en 1900 liderou un grupo de ricos anti-Dreyfus, como Adolphe Clément ou Édouard Michelin, para fundar L'Auto-Velo e competir directamente con Le Velo, que por forza legal tivo que mudar o nome L'Auto, que á súa vez creou o Tour de Francia en 1903 para estimular a súa circulación.
De Dion e Michelin estaban particularmente preocupados con Le Vélo, que informaba máis que de ciclismo, pois estaba financiado por un dos seus rivais comercias, a compañía Darracq. De Dion cría que Le Vélo lle daba a Darracq demasiada atención e pouca a el. De Dion foi un home franco que xa escribira columnas para Le Figaro, Le Matin e outros. A súa riqueza permitíalle satisfacer os seus antollos, como fundar Le Nain Jaune ("O gnomo amarelo"), unha publicación quincenal que "non respondía a ningunha necesidade especial."[13]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jules-Albert de Dion ![]() |