Julie Bindel

Infotaula de personaJulie Bindel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Darlington, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónLondon Metropolitan University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo de investigación, fundamentalismo, violencia contra as mulleres e tráfico de persoas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista , activista , feminista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Metropolitana de Leeds (pt) Traducir
London Metropolitan University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata

Páxina webthejuliebindel.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: bindelj Editar o valor en Wikidata

Julie Bindel, nada o 20 de xullo de 1962, é unha escritora inglesa, feminista radical, e cofundadora do grupo reformista Justice for Women, que dende 1991 axudou a mulleres que foron procesadas por matar a parellas masculinas violentas.[1][2][3]

Foi investigadora visitante da Universidade de Lincoln entre 2014 e 2017, e antiga directora asistente do Centro de Investigación sobre a Violencia, Abuso e Relacións de Xénero na Universidade Leeds Beckett, a obra de Bindel céntrase na violencia machista contra as mulleres e nenos, particularmente na prostitución, na pornografía, no acoso físico, no fundamentalismo relixioso e no tráfico de persoas.[4][5]

Bindel é autora e coautora de máis de 30 capítulos de libros e catro libros, incluíndo Straight Expectations (2014) e The Pimping of Prostitution (2017). Tamén é a editora, xunto coa súa compañeira Harriet Wistrich, de The Map of My Life: The Story of Emma Humphreys (2003). Escribe regularmente para The Guardian, New Statesman, Sunday Telegraph e Standpoint.[5][6]

  1. Dickson, E. Jane (15 de setembro de 1995). The Independent, ed. "Sisters to the death". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2021. Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  2. Cooke, Rachel (30 de xaneiro de 2001). The Guardian, ed. "Snap decisions". 
  3. Bindel, Julie; Cook, Kate; Kelly, Liz (1995). "Trials and Tribulations—Justice for Women: A Campaign for the 1990s". En Griffin, Gabriele. Feminist Activism in the 1990s. Londres: Taylor & Francis. 
  4. "Julie Bindel" Arquivado 06 de abril de 2020 en Wayback Machine., thejuliebindel.com.
  5. 5,0 5,1 "Julie Bindel" Arquivado 07 de abril de 2020 en Wayback Machine., byline.com.
  6. "Julie Bindel", The Guardian.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]