Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xullo de 1915 Ourense, España |
Morte | 19 de decembro de 2005 (90 anos) Madrid, España |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Tres Cantos |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xinecólogo |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Familia | |
Fillos | Julio Iglesias |
Pais | Ulpiano Iglesias e Manuela Puga |
Julio Iglesias Puga, tamén coñecido como Papuchi, nado en Ourense o 26 de xullo de 1915 e morto en Madrid o 19 de decembro de 2005, foi un xinecólogo galego, tamén coñecido nos medios de comunicación por ser o pai do cantante Julio Iglesias.
Julio Iglesias Puga casou en 1943 con Rosario de la Cueva y Periñón, da que divorciou en 1983. O matrimonio tivo dous fillos: Julio José e Carlos. Posteriormente, en 2001, casou coa estadounidense Ronna Keit, de 42 anos, en Florida, coa que tivo un terceiro fillo por inseminación artificial, que se chamou Jaime, o 18 de maio de 2004. Sete meses despois da súa morte, a súa muller tivo unha filla del, nada precisamente o 26 de xullo de 2006, e que recibiu o nome de Ruth.
Ao inicio da súa práctica profesional foi un dos xinecólogos máis novos da Seguridade Social e dos primeiros en estudar o parto sen dor. Ademais, foi un dos creadores dunha clínica chamada Maternidad, en Madrid, onde foi xefe do departamento de esterilidade, infertilidade e planificación familiar.
Por ser o pai do cantante Julio Iglesias, xa daquela cunha gran fortuna, foi secuestrado pola ETA. Permaneceu retido 21 días en Trasmoz (Zaragoza) ata que a policía o ceibou o 19 de xaneiro de 1982. A raíz deste ataque terrorista, toda a familia mudou para Miami, nos Estados Unidos.
Nos últimos anos, vivía entre Miami e Madrid, onde era unha figura coñecida da prensa rosa. O seu alcume televisivo era Papuchi.