Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (fr) Jérémy Damien Blasco 12 de febreiro de 1999 (25 anos) Baiona, Francia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,85 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central e lateral | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Jérémy Damien Blasco, nado en Baiona (Francia) o 12 de febreiro de 1999, é un futbolista vasco-francés, que xoga como defensa central ou lateral dereito no Huesca, da Segunda División.
Nacido en Baiona, comezou a xogar ao fútbol con cinco anos no Aviron Bayonnais da súa localidade natal, antes de ingresar na canteira da Real Sociedad en 2010. Progresou polas diferentes categorías inferiores do club e o 11 de marzo de 2017 debutou coa Real Sociedad C na Terceira División, nun partido ante o Deportivo Alavés B.[1]
Dous anos despois xogou por primeira vez coa Real B en Segunda B, nun encontro ante a Gimnástica de Torrelavega.[2] Na campaña 2020/21 contribuíu con 15 partidos ao ascenso do filial vasco á Segunda División.
O 30 de maio de 2022 el e o seu compañeiro Xeber Alkain deixaron o club.[3] En xullo fichou polo Huesca, tamén de Segunda.[4]