Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1929 Condado de Bielsk, Polonia (pt) |
Morte | 10 de xullo de 2013 (84 anos) Wilamowice, Polonia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor |
Józef Gara, nado en Wymysoü[1] en 1929 e finado na mesma localidade o 10 de xullo de 2013, foi un mineiro, mestre e poeta polaco en lingua wymysorys.
En 2004 publicou unha colección de poemas, completado cun vocabulario con equivalencias en polaco, alemán e inglés. Tamén realizou unha recolleita de cancións populares, realizando un labor de corrección e ampliación do corpus que publicou Jolanta Danek en 2007. Entre 2004-2006 ensinou a lingua na escola primaria de Wilamowice. Nos anos 2012 e mais 2013 traballou como voluntariado coa Asociación Wikimedia Polonia[2].