KK Mornar | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Prva A Liga / ABA Liga / BCL |
Fundación | 1974 |
Cores | Azul, laranxa, branco |
Presidente | Đuro Ostojić |
Adestrador | Mihailo Pavićević |
Localización | |
Cidade | Bar, Montenegro |
Pavillón | Sportska dvorana Topolica |
Capacidade | 2.625 |
Inauguración | 23 de novembro de 2009 |
O KK Mornar Bar (cirílico: КК Морнар Бар) é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Bar, Montenegro. O club compite actualmente na Opportunity League, a máxima competición do baloncesto montenegrino, así como na Liga do Adriático, sendo na temporada 2018−19 un dos dous equipos do seu país xunto co KK Budućnost Podgorica.
Fundado en 1974 co nome de Gimnazijalac Bar, os seus xogadores eran membro do Ximnasio Bar. Pronto mudaron o seu nome a KK Mornar Bar, no cal mantense até a actualidade. A mediados da década de 1990, o club se clasificouse para a prestixiosa Copa Korać a través da Liga Iugoslava de baloncesto, que naquela altura era unha das máis fortes de Europa. En 2006, tras a independencia de Montenegro, o Mornar Bar fusiónase co KK Primorka Bar. Entre os maiores éxitos do cub destacan o subcampionato de liga en 2011, 2016 e 2017 e de copa en 2010, 2016, 2017 e 2018, derrotandos sempre polo poderoso Budućnost, e da Balkan International Basketball League (BIBL) en 2016, pmde fprp derrotados polo Sigal Prishtina de Kosovo (82-68 en Pristina e 75-68 en Bar). Na temporada 2016−17 xogaron por primeira vez na Liga do Adriático, chegando na súa segunda tmeporada na competición ás semifinais, onde perden por dous partidos a un contra o KK Crvena zvezda (Estrela Vermella de Belgrado).
Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Outras competicións | Competicións europeas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2009–10 | 1 | Prva A | 3º | Subcampión | Liga dos Balcáns | QF | ||
2010–11 | 1 | Prva A | 2º | Liga dos Balcáns | SF | |||
2011–12 | 1 | Prva A | 3º | Semifinalista | Liga dos Balcáns | QF | ||
2012–13 | 1 | Prva A | 5º | Liga dos Balcáns | R1 | |||
2013–14 | 1 | Prva A | 3º | |||||
2014–15 | 1 | Prva A | 4º | Semifinalista | Liga dos Balcáns | R2 | ||
2015–16 | 1 | Prva A | 2º | Subcampión | Liga dos Balcáns | SC | ||
2016–17 | 1 | Prva A | 2º | Subcampión | ABA Liga | 8th | 3 Champions League | |
2017–18 | 1 | Prva A | Subcampión | ABA Liga | 3 Champions League | |||
4 FIBA Europe Cup |
Fonte: Eurobasket.com