KK Olimpija | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Košarkarski klub Olimpija |
Alcume | Zmaji (Dragóns) |
Fundación | 1946 |
Desaparición | 2019 |
Cores | Verde, branco |
Vestimenta | Macron |
Localización | |
Cidade | Liubliana, Eslovenia |
Pavillón | Arena Stožice |
Capacidade | 12.480 |
Inauguración | 10 de agosto de 2010 |
Campionatos | |
C. Saporta | 1 (1994) |
ABA Liga | 1 (2002) |
Liga Esl. | 17 (1992−1999, 2001−2002, 2004−2006, 2008−2009, 2017, 2018) |
Liga Yug. | 6 (1957, 1959, 1961, 1962, 1966, 1970) |
Copa Esl. | 20 (1992−1995, 1996−2003, 2004, 2006, 2008−2013, 2017) |
cedevita.olimpija.com |
O Košarkarski Klub Olimpija, popularmente coñecido durante moitos anos por motivos de patrocinio como Union Olimpija, foi un equipo de baloncesto profesional da cidade de Liubliana (Eslovenia). O Olimpija gañou 23 campionatos de Liga, incluíndo oito títulos consecutivos entre 1992 e 1999. Tamén gañou 20 torneos de Copa, 8 títulos de Supercopa e unha Copa Saporta. En xullo de 2019, o equipo fusionouse co KK Cedevita, formando un novo club: o KK Cedevita Olimpija.
O Košarkarski Klub Olimpija foi fundado en 1946 como unha sección da Sociedade de Cultura Física de Svoboda para competir na liga de baloncesto de Iugoslavia.. O primeiro partido de baloncesto do club foi ese mesmo ano contra o Udarnik, gañando a Olimpija quedou porcun marcador de 37-14. A finais de 1946, o club pasou a chamarse Enotnost e foi coñecido por ese nome ata 1954 cando asumiu o nome de AŠK Olimpia. O Olimpija gañou o seu primeiro título da Liga Iugoslava na temporada de 1957 baixo a dirección do adestrador/xogador Boris Kristančić. Nos anos seguintes, o Olimpija gañou cinco títulos iugoslavos máis: 1959, 1961, 1962, 1966 e 1970. Unha nova era para o club comezou coa independencia de Eslovenia cando Olimpija gañou oito títulos de liga consecutivos entre 1992 e 1999.
No escenario internacional, a temporada 1993–94 foi a mellor tempada do club xa que gañou a Recopa de Europa ante o Taugrés, club español da Liga ACB Taugrés baixo a dirección do adestrador Zmago Sagadin. Na temporada 2001–02, Olimpija gañou a "pequena Tripla Coroa", levando o campionato da Liga, a Copa e a Liga do Adriático. O club foi membro fundador da Asociación de Baloncesto Adriático en 2015. O 8 de xullo de 2019, o Olimpija fusionouse co equipo croata Cedevita formando o KK Cedevita Olimpija, club que segue a xogar en Liubliana. En novembro de 2020, as accións do club foron transferidas ao KK Mornar Bar.
O club tivo diversos nomes ao longo da súa historia, algúns debidos a motivos de patrocinio:
N° | Xogador | Posición | Etapa |
---|---|---|---|
12 |
Marko Milič | Ala-pivote | 1994–1997, 1999–2000, 2006–2009 |
13 |
Ivo Daneu | Base | 1956–1970 |
Liga SBA (Liga Centroeuropea)