KPFA (94.1 FM) é unha emisora de radio de Berkeley (California, Estados Unidos). Apareceu en 1949, a súa primeira emisión foi o 15 de abril, establecida pola Pacific Foundation do pacifista Lewis Hill, converténdose na primeira das emisoras da cadena Pacifica Radio e a primeira emisora financiada polo oínte dos Estados Unidos. A emisora ten unha ideoloxía esquerdista e nos anos cincuenta recibiu acusacións de estar controlada polo Partido Comunista. Na emisora ademais dos traballadores contratados traballa persoal voluntario.