Kada no Azumamaro

Infotaula de personaKada no Azumamaro

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 荷田春満 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1669 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Fushimi Inari-taisha (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de agosto de 1736 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónKokugaku scholar (en) Traducir , poeta de "tanka , escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMyōhō-in (en) Traducir
Nagaoka Domain (en) Traducir
Shogunato Tokugawa Editar o valor en Wikidata
AlumnosKamo no Mabuchi Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesKada no Arimaro (en) Traducir (sobriño)
Yuzuki no Kimi (en) Traducir (devanceiro) Editar o valor en Wikidata

Kada no Azumamaro (xaponés: 荷田春満), nado o 3 de febreiro do 1669 e finado o 8 de agosto do 1736, foi un poeta e filólogo xaponés de comezos do período Edo. As súas ideas tiveron un gran impacto no xurdimento da escola de estudos nativistas coñecida como kokugaku.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Azumamaro foi o segundo fillo de Hakura Nobuaki, cabeza de familia dun clan de sacerdotes xintoístas do templo de Inari, en Fushimi. Dende a súa mocidade, estudou a poesía tradicional xaponesa, en concreto o waka, así como o pensamento e as crenzas do shintō. Destacou tanto nos seus estudos que, no 1697, foi nomeado titor dun dos fillos do emperador Reigen. Posteriormente, estableceu unha academia no templo familiar para impartir as súas ideas.

No 1700, estableceuse na capital de Edo, onde ensinou a sacerdotes xintoístas as pregarias norito e outros elementos da liturxia, aínda que o seu currículum tamén incluía os textos clásicos, como o Man'yōshū ou o Nihon shoki.[1] As súas investigacións estiveron influenciadas polo monxe budista Keichū, outro dos fundadores do kokugaku.

Azumamaro permaneceu en Edo até o 1713, cando regresou a Fushimi. Volveu á capital durante un breve período, mais logo retirouse de novo á vila natal para continuar cos seus estudos. Alí, recibiu con frecuencia consultas de membros do bakufu sobre temas relativos ás cerimonias da corte e as costumes.[1] No 1736, suicidouse despois de sufrir unha longa enfermidade.[1]

O intelectual Kamo no Mabuchi, tamén fillo dun clan de sacerdotes xintoístas, foi o seu discípulo.[2]

Kada no Azumamaro desenvolveu unha distinción entre as tradicións nativas do Xapón e o confucianismo de orixe chinesa, a tradición preponderante na súa época.[1] Así mesmo, tamén quixo separar a relixión xintoísta do budismo.[1] En xeral, opúxose aos sistemas de pensamento foráneos.[1]

Recepción

[editar | editar a fonte]

Un século despois da súa morte, Hirata Atsutane describiuno como o primeiro "gran home" do kokugaku.[1] Esta escola, fundada por Mabuchi, sentou as bases dun rexurdimento dos estudos da poesía e a cultura clásicas nipoas. Así mesmo, a súa crítica da ideoloxía confuciana tivo grande importancia na transformación do shogunato Tokugawa e a modernización do país durante a restauración Meiji.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Nosco, Peter (1990). Remembering Paradise: Nativism and Nostalgia in Eighteenth-century Japan (en inglés). Harvard Univ Asia Center. ISBN 978-0-674-76007-3. 
  2. Batten, Bruce Loyd (2003-01-01). To the Ends of Japan: Premodern Frontiers, Boundaries, and Interactions (en inglés). University of Hawaii Press. ISBN 978-0-8248-2447-1.