KalPa Naiset | |
---|---|
Fundación | 1989 |
Cidade | Kuopio, Savonia do Norte Finlandia |
Estadio | Olvi Areenalla (5 300 persoas) |
Liga | Naisten Liiga |
Campionatos | 0 |
Adestrador | Mika Väärälä |
Afiliado(s) | KalPa Akatemia (Naisten Suomi-sarja) |
Cores | Amarelo e negro |
Na rede | |
https://www.juniorikalpa.fi/joukkueet/5446 | |
Kalevan Pallo Naiset, ou simplemente KalPa Naiset, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Kuopio (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Olvi Areena, un pavillón con capacidade para 5 300 persoas.
O KalPa participou por primeira vez nunha liga feminina na tempada 1988–89, cando finalizou na última posición da I-divisioona, na que competían un total de seis equipos. Con todo, o equipo feminino xerou interese e reuniu as maiores audiencias da categoría, con 270 persoas nas bancadas nos seus partidos como local e 155 nos partidos que xogou como visitante. Esa tempada, na que tan só xogaron dez partidos, as máximas puntuadoras foron Nana Lamberg (2+0=2), Tuula Kuhmoinen (1+1=2) e Marika Lentz (1+1=2).[1]
Na tempada 1990–91 o equipo debutou na Naisten SM-sarja, máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finés, finalizando na derradeira posición cos mesmos puntos que o SaiPa de Lappeenranta, co cal tivo que xogar un partido para decidir cal dos dous equipos se xogaba a permanencia. As de Lappeenranta leváronse o partido por tres goles a un e as xogadoras do KalPa tiveron que xogar unha serie ao mellor de tres partidos fronte o JoKP de Joensuu, primeiro clasificado do Grupo A da I-divisioona e que non conseguira o ascenso directo ante o Ketterä de Imatra. O KalPa comezou gañando o primeiro partido 2-3 na prórroga, mais o equipo carelio conseguiu a igualada no segundo partido (2-3), deixándoo todo por decidir no encontro decisivo, no que se acabaron impoñendo as de Kuopio (4-3).[2][3]
O seu maior éxito chegou na tempada 2019-20, cando o equipo disputou a final da Naisten Liiga fronte a Kiekko-Espoo, se ben a final non chegou a disputarse por mor da pandemia por coronavirus.[4] Con todo, na tempada seguinte conseguiu de novo chegar á final, de novo fronte ao equipo de Espoo, contra o que caeu en catro partidos (3-1).[5]
Actualizado a 14 de febreiro de 2024.[6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: KalPa Naiset |