![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de febreiro de 1982 ![]() Caracas, Venezuela ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalismo, literatura, literatura de non ficción, actividade literaria, revista literaria, Radio, revista dixital e radiodifusión ![]() |
Ocupación | escritora, xornalista, arts journalist (en) ![]() ![]() |
Empregador | Vozpópuli (en) ![]() Onda Cero ABC ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() |
Karina Sainz Borgo, nada en Caracas, Venezuela en 1982, é unha xornalista e escritora venezolana. Forma parte do que a crítica denominou a "literatura da diáspora venezolana" ou do "éxodo".[1][2]
Karina Sainz Borgo naceu en Caracas, en 1982. Desde 2006 é residente en España, onde chegou con 24 anos.
Traballou para medios como Vozpópuli, Zenda ou Onda Cero.[3] Actualmente traballa como reporteira e columnista no xornal español ABC.
En 2019 publicou La hija de la española, a súa primeira novela, que foi un éxito sen precedentes na literatura venezolana e foi traducida en máis de vinte idiomas.[4][5] A novela conta a historia de Adelaida Falcón, que, tras a morte da súa nai, trata de fuxir dun país que se desmorona.[6] A revista estadounidense Time incluíu este título entre os 100 libros máis importantes do ano 2019.[7] O escritor Fernando Aramburu resalta a "extraordinaria calidade de Sainz Borgo como novelista".[8] Segundo o New York Times, a novela ten "ecos de Borges", nunha Venezuela que vive nun caos político.[9] Thierry Clermont, en Le Figaro, considera que Sainz Borgo "publica unha primeira novela maxistral, saturada de violencia, de esperanza e de luz".[10] Mentres que Florence Noiville, en Le Monde considera La hija de la española como unha bela e feroz primeira novela.[11]
En 2021 publicou El Tercer País, onde revisita o mito de Antígona e o dereito fundamental que teñen os seres humanos a enterrar os seus mortos.[12][13]
Xunto a autores como Keila Vall de la Ville, Rodrigo Blanco Calderón, Michelle Roche Rodríguez ou Camilo Pino, forma parte do que a crítica denominou a "literatura da diáspora venezolana" ou do "éxodo".[1][2][14]