Karlín

Modelo:Xeografía políticaKarlín
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°05′31″N 14°26′43″L / 50.0919, 14.4453
PaísRepública Checa
Concello con privilexiosPraga
Administrative district of Prague (en) TraducirPrague 8 (en) Traducir
Municipal part of Prague (en) TraducirPrague 8 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación12.261 (2021) Editar o valor en Wikidata (5.681,65 hab./km²)
Xeografía
Superficie2,158 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Moldava Editar o valor en Wikidata
Altitude190 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con

Igrexa de San Cirilo e Metodio.

Karlín é unha área catastral do distrito 8 da cidade de Praga (República Checa). Antigamente era unha localidade independente, pasando a formar parte da capital checa en 1922. Limita polo norte co río Moldava e Holešovice, polo sur co outeiro Vítkov e Žižkov, polo oeste con Nové Město e polo leste con Libeň.

A construción da área de Karlín comezou en 1817, arredor do Rosarium dos Cabaleiros da Cruz coa Estrela Vermella. O novo asentamento foi recibiu o seu nome en honor á cuarta muller do Emperador Francisco I de Austria, Carolina Augusta de Baviera.

Logo da demolición dos muros da cidade, as propiedades de Karlín foron as máis baratas de Praga. A causa disto, o número de empresas industriais e vivendas medrou moi rápido na área de "Illa Rohan" (en checo Rohanský ostrov). O 1 de xaneiro de 1922, Karlín foi incorporada a Praga. Neste momento, o pioneiro da enerxía eléctrica industrial František Křižík tivo unha importante influencia na zona, establecendo unha liña de tranvía que posteriormente vendería á cidade.

Nos anos '70 do século XX, o tráfico foi desviado a Rohanské nábřeží e a arteria principal foi aliviada. Dende 1990 Karlín está conectada mediante o Metro de Praga e creáronse zonas peonís. No 2002 as inundacións afectaron seriamente a Karlín, non reparándose tódolos estragos ata despois de 2007, o que provocou que se adoptaran medidas para limitar o risco de novas inundacións. Dende aquela recuperouse e converteuse nun novo destino para negocios e residencial, a pesar da súa mala reputación como zona insegura, debido á súa proximidade ao centro da cidade.

Edificios salientables

[editar | editar a fonte]

Un edificio salientable de Karlín é a Ponte Ferroviaria de Karlín, que conecta a estación ferroviaria principal coa estación de Bubny. O viaduto (tamén chamado Viaduto de Karlín) recibiu o seu nome en honor a Alois Negrelli, ten 1.111 m de longo e comezouse a empregar o 1 de xuño de 1850. Trátase da maior ponte/viaduto do territorio checo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]