Karmen Stavec

Modelo:BiografíaKarmen Stavec

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Berlín Oeste, Zonas ocupadas pelos Aliados na Alemanha Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Liubliana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Participou en
2003Festival de Eurovisión 2003 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1488422 Youtube: UC-TiJ6j1IvfA6egoxi7zIuw Spotify: 03i9JjI8BUFCs1Jc7JdwOX iTunes: 1481079073 Last fm: Karmen Musicbrainz: 7b8792b9-5125-436b-9aa1-7cfc9ea81e73 Discogs: 1093212 Allmusic: mn0000904074 Deezer: 1694418 Genius: Karmen-stavec Editar o valor en Wikidata

Karmen Stavec, nada en Berlín o 21 de decembro de 1973, é unha cantante eslovena de orixe alemá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Karmen naceu en Berlín Oeste, cando este aínda pertencía á República Federal Alemá, de pais eslovenos. Despois de graduarse, ela emigra a Domžale (Eslovenia), onde entra a formar parte do dúo 4 Fun. Comezou a estudar Filoloxía Alemá na facultade de Filosofía da Universidade de Liubliana. En 1998 empeza a súa carreira en solitario.

Participou catro veces no EMA, festival musical para a selección da canción eslovena para o Festival da Canción de Eurovisión. En 1998 a dúo con Patrik Greblo, cantou "Kje Pesem Je Domaen", quedaron na 7ª posición. En 2001, probou en solitario e cantou "Ostani Tu" (Queda aquí), foi 3ª. Un ano despois, en 2002, canta "Se in Se" (Máis e Máis) e consegue unha polémica 2ª posición, por detrás do trío travesti Sestre, o cal obtivera menos puntos no televoto.[1] Tal polémica xerouse no país, que se daba por feito que en 2003, gañaría, levase o que levara, e así foi, presentou "Lep Poletni Dan" (Outra noite de verán) e gañou.

Participou no Festival da Canción de Eurovisión 2003 coa versión inglesa de Lep Poletni Dan co título Nanana, e malia que durante os ensaios foi subindo gradualmente nas apostas e a cantar en última posición, non cumpriu as expectativas e tívose que conformar con 7 puntos e unha 23ª posición.

No 2008, Karmen anuncia a súa volta aos escenarios do EMA, e presentase ao EMA 2009 para representar a Eslovenia no Festival de Eurovisión 2010 coa canción A si zelis. Quedou de terceira na semifinal e décima na final do EMA quedando fóra de Eurovisión.[2]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Ostani Tu (2001)
  • Karmen (2003)