(2024) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de abril de 1994 (30 anos) Toronto, Canadá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Canisius University (en) Vaughan Secondary School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 191 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 180 lb | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2018 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Kassius Robertson, nado o 20 de abril de 1994 en Toronto, Ontario, é un xogador profesional de baloncesto canadense que xoga no Joventut Badalona da Liga ACB. Cunha altura de 1,91 m xoga na posición de escolta.
En xuño de 2018, Robertson asinou co Medi Bayreuth da Basketball Bundesliga.[1] Nunha tempada na Bundesliga, acadou 12.3 puntos por encontro.
En xullo de 2019, Robertson asinou co Fortitudo Bologna da Lega Basket Serie A.[2] O 3 de marzo de 2020, Robertson foi cortado polo equipo italiano.[3]
O 18 de xullo de 2020, anunciouse a fichaxe de Robertson por unha tempada polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[4] O 20 de decembro de 2020, Robertson anotou 37 puntos na vitoria do Obradoiro contra o Casademont Zaragoza, a maior anotación individual na historia do equipo santiagués en ACB, superando os 36 puntos acadados por Maxi Kleber en marzo de 2015.[5][6] Tras a súa primeira tempada no Obradoiro, na que Robertson foi o máximo anotador da tempada con 15.2 puntos por encontro, o 16 de xullo de 2021 anunciouse a súa continuidade por unha tempada máis.[7]
O 15 de agosto de 2022, Robertson asinou co Pallacanestro Reggiana da Lega Basket Serie A.[8]
O 27 de novembro de 2022, Robertson regresou ó Obradoiro CAB da Liga ACB, tras asinar ata final de tempada.[9]
O 17 de xullo de 2023, Robertson asinou co Valencia Basket da Liga ACB por dúas tempadas.[10] O 6 de xuño de 2024, Robertson e o club laranxa chegaron a un acordo para a rescisión do contrato do xogador.[11]
O 28 de xuño de 2024, Robertson asinou un contrato de dous anos co Joventut Badalona da Liga ACB.[12]