Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Katie Rebecca White 18 de xaneiro de 1983 (41 anos) Wigan, Reino Unido (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Lowton Church of England High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante , compositora de cancións , guitarrista , música , cantautora |
Período de actividade | 1998 - |
Xénero artístico | Pop rock e música para bailar |
Lingua | Lingua inglesa |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Guitarra, voz, baixo e teclado |
Selo discográfico | Columbia Records |
Compañeiro profesional | Jules De Martino (pt) : The Ting Tings |
Páxina web | thetingtings.com |
Katie Rebecca White, nada en Lowton o 18 de xaneiro de 1983, é unha artista musical inglesa membro do dúo The Ting Tings. Despois de conseguir éxito co grupo punk TKO, o seu pai, David White, introduciu a Jules De Martino para que escribise cancións para TKO.[1] Katie e Jules formaron The Ting Tings no 2007.[2]
Katie White criouse nunha granxa de Lowton[3] co seu pai David White, a súa nai Lynne e a súa irmá Helena. Cando tiña 12 anos, o avó de Katie, Ken White, gañou £6,6 milllóns na Lotería Nacional do Reino Unido, e deulle a cada un dos seus tres fillos, David, Stephen e Richard, £1millón. David usou a súa parte dos cartos para crear unha empresa de xestión musical.[1]