Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Katrine Linda Mathilda Kielos 24 de outubro de 1983 (40 anos) Lund, Suecia |
Educación | Universidade de Uppsala - Q10636154 |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalismo de opinión, jornalismo econômico (pt) e ciencia social |
Ocupación | escritora, xornalista |
Partido político | Partido Operário Social-Democrata da Suécia (pt) |
Premios | |
| |
Katrine Linda Mathilda Kielos, coñecida como Katrine Marçal, nada en Lund o 24 de outubro de 1983, é unha escritora e xornalista sueca. En 2023, vive en Londres.
Marçal é xornalista do diario sueco Aftonbladet, onde escribiu principalmente artigos sobre política financeira sueca e internacional e feminismo. Graduouse na Universidade de Uppsala.[1] Tamén escribiu para Dagens Arena e foi escritora freelance para as páxinas culturais do xornal Expressen.[2] En 2013, o xornal sueco Dagens Nyheter concedeu a Marçal o terceiro premio anual Lagercrantzen.
En 2012, Katrine Maçal publicou o libro Det enda könet (Quen preparou a cea de Adam Smith?) que fala da relación entre economía e patriarcado. No libro, analiza a historia da economía a través de Adam Smith, considerado o pai da economía. Marçal chama a atención sobre o feito de que non só existe un "segundo sexo" senón tamén unha "segunda economía".[3]
O libro foi nomeado ó Premio August outorgado pola Asociación de Editores Suecos en 2012.[4] A tradución ao inglés do libro Who Cooked Adam Smith's Dinner?[5] foi nomeada ao premio Bread and Roses en 2016. Desde entón foi traducido a 14 idiomas.
En 2021, publicou Mother of Invention, un percorrido pola historia da innovación desde o punto de vista do feminismo.[6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Katrine Marçal |