KazEOSat 2 | |
---|---|
Organización | Kazakhstan Gharysh Sapary |
Contratistas principais | EADS Astrium |
Data de lanzamento | 19 de xuño de 2014[1][2][3] |
Foguete portador | Dnepr[2][4] |
Sitio de lanzamento | Base aérea de Dombarovski[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Observación terrestre.[2][3][4][5] |
NSSDC ID | 2014-033A |
Masa | 177 kg[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7000 km[1] |
Inclinación | 97,7°[1] |
Apoapse | 639,5 km[1] |
Periapse | 620,1 km[1] |
KazEOSat 2 é un satélite artificial da Kazakhstán lanzado o 19 de xuño de 2014 mediante un foguete Dnepr desde a base aérea de Dombarovski.[1][2][4][5]
A misión de KazEOSat 2 é observar a superficie terrestre en modo multiespectral para a xestión e busca de recursos, control do uso da terra, vixilancia e xestión medioambiental. Foi construído por EADS Astrium usando o bus SSTL-150 e ten unha masa de 177 kg. Foi inxectado nunha órbita duns 600 km de altura.[1][2][4][5]