![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de abril de 1950 ![]() Austin, Estados Unidos de América ![]() |
Xefe da Oficina de Astronautas | |
outubro de 1997 – outubro de 1998 ← Robert D. Cabana – Charles J. Precourt → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | University of West Florida (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | oficial, astronauta, piloto de probas ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América ![]() |
Rango militar | captain (en) ![]() ![]() |
Tempo no espazo | 64 días, 12 horas e 24 minutos ![]() |
Misión do astronauta | |
Premios | |
| |
![]() |
Kenneth Dale "Taco" Cockrell, nado en Austin (Texas) o 9 de abril de 1950, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-56, STS-69, STS-80, STS-98 e STS-111. Pasou un total de 64,52 días no espazo.[1][2]
Cockrell é graduado en enxeñería mecánica pola Universidade de Texas en 1972 e máster en sistemas aeronáuticos pola Universidade de Florida Oeste en 1974.[1][2]
Cockrell traballou como enxeñeiro e piloto no Campo Ellington (Houston) entre novembro de 1987 e xullo de 1990. Foi instrutor e piloto de probas en avións T-38 da NASA e levou a cabo misións de mostreo e investigación a grandes alturas pilotando un avión WB-57. Tamén foi comandante da aeronave de transporte Gulfstream I.[1][2]
Foi seleccionado como candidato a astronauta en xaneiro de 1990, pasando as probas e converténdose en astronauta oficialmente en xullo de 1991. Participou nas misións STS-56, STS-69, STS-80, STS-98 e STS-111, pasando un total de 64,52 días no espazo. Apartouse do servizo civil en outubro de 2014 para pasar a traballar como piloto de probas experimental.[1]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kenneth Cockrell ![]() |