KeuPa HT | |
---|---|
Fundación | 1995 |
Cidade | Keuruu, Finlandia Central Finlandia |
Estadio | Keuruun jäähalli (1 200 persoas) |
Liga | Mestis |
Campionatos | 1 (2018) |
Adestrador | Sami Ryhänen |
Afiliado(s) | JYP (Liiga) Lukko (Liiga) |
Cores | Vermello, azul, branco e negro |
O KeuPa HT ou simplemente KeuPa é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Keuruu (Finlandia). Dende a tempada 2014-15 compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a liga Mestis, competición que gañou nunha ocasión (2018) e conseguiu unha medalla de prata (2008), e a de bronce noutra ocasión (2019). Foi fundado en 1995 e xoga os seus partidos como local no Keuruun jäähalli, un pavillón con capacidade para 1 200 persoas.
KeuPa ten retirado os seguintes números ao longo da súa historia:
Número | Nome |
---|---|
13 | Kari Rautakorpi |
21 | Taneli Maasalo[1] |