Killing with a Smile | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Parkway Drive | ||||
Publicado | 2006 | |||
Gravación | maio de 2005 | |||
Duración | 39:37 | |||
Xénero(s) | metalcore | |||
Selo(s) | Resist, Epitaph | |||
Produtor | Adam Dutkiewicz | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Killing with a Smile é o primeiro álbum da banda de metalcore australiana Parkway Drive. Foi gravado en maio de 2005, durante un período de só dúas semanas co produtor Adam Dutkiewicz. É o seu único álbum co baixista Shaun Cash.
O álbum foi publicado en setembro de 2005 en Australia co selo discográfico Resist Records, e un ano máis tarde nos Estados Unidos a través de Epitaph Records, incluíndo un videoclip para "Smoke 'Em If Ya Got 'Em".
En outubro e novembro, a banda participou na edición internacional de 2006 do tour Taste of Chaos, visitando Nova Zelandia, Australia, o Xapón e Europa.[1] Tamén participaron na edición de 2007 do Warped Tour entre xullo e agosto.[2]
Dende o seu lanzamento, Killing with a Smile recibiu unha serie de críticas variadas. Absolute Punk valorouno positivamente, describíndoo como un disco que define ben o xénero, eloxiando a estrutura das cancións, a pesar da falta de estrofas ou retrousos ben marcados.[3] O crítico de About.com, Chad Bower non foi tan positivo, pero declara que se trata dun primeiro álbum moi sólido que paga a pena para os fans do metalcore. Porén, critica as letras do álbum por ser un pouco "emo", aínda que a voz forte o compensa.[4]
Corey Apar, crítico de AllMusic, salienta como as letras tratan sobre corazóns rotos e o anoxados que están, citando "Romance is Dead" como un tesouro no referente a iso. Conclúe a recensión comparando a banda con Bleeding Through.[5]
O crítico Matt Whelihan de Punknews.org critica o álbum por ser demasiado xenérico.[6]
O nome da canción "Guns for Show, Knives for a Pro" é unha cita do filme Lock and Stock.
O grupo de surf australiano Bra Boys inclúe catro cancións do álbum no filme documental Bra Boys: Blood is Thicker than Water: "Gimme a D", "Anasasis (Xenophontis)", "Mutiny" e "It's Hard to Speak without a Tongue". Todas elas, agás a última, foron incluídas na banda sonora.
Todas as cancións foron escritas por Parkway Drive.
Nº | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Gimme AD" | 3:31 |
2. | "Anasasis (Xenophontis)" | 3:31 |
3. | "Pandora" | 3:58 |
4. | "Romance Is Dead" | 5:18 |
5. | "Guns for Show, Knives for a Pro" (contén clips de Xungla de Cristal 2) | 2:44 |
6. | "Blackout" | 2:43 |
7. | "Picture Perfect, Pathetic" | 2:44 |
8. | "It's So Hard to Speak Without a Tongue" | 4:14 |
9. | "Mutiny" (contains clips sonoros de Piratas do Caribe: A Maldición da Perla Negra) | 3:17 |
10. | "Smoke 'Em If You Got 'Em" (versión re-gravada) | 3:40 |
11. | "A Cold Day in Hell" | 4:01 |
Duración Total: | 39:37 |
Os créditos de produción e representación están adaptados das notas do interior do álbum.
Rexión | Data | Selo | Formato | Catalog # |
---|---|---|---|---|
Australia | 12 de setembro de 2005 | Resist | Compact Disc | RES045 |
Europa | 21 de agosto de 2006 | Epitaph | Compact Disc | 86824 |
Estados Unidos | 22 de agosto de 2006 |