O kira (en dzongkha: དཀྱི་ར་, དཀྱིས་རས་; wylie: dkyi-ra, dkyis-ras)[1] é o vestido nacional para as mulleres en Bután. É un vestido longo até o nocello que consiste nunha peza rectangular de tela tecida. Envólvese e dóbrase arredor do corpo e suxéitase a ámbolos dous ombreiros, polo xeral con broches de prata, e átase á cintura cun cinto longo. O kira lévase polo xeral cun wonju (unha blusa de manga longa) e unha chaqueta curta ou toego (en dzongkha: སྟོད་གོ་; stod-go) por enriba.[2][3][4][5][6]
↑Brown, Lindsay; Armington, Stan (2007). Bhutan. Country Guides (3 ed.). Lonely Planet. pp. 50, 58, 113. ISBN1-74059-529-7. Consultado o 15 de outubro de 2011.