(nl) Klein Curaçao | ||||
Tipo | Illa deserta | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas de Sotavento Antillas Menores | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas de Barlovento | |||
Localización | ||||
División administrativa | Curaçao, Reino dos Países Baixos | |||
| ||||
Bañado por | Mar Caribe | |||
Características | ||||
Altitude | 4 m | |||
Dimensións | 1,1 () × 2,9 () km | |||
Superficie | 1,7 km² | |||
Klein Curaçao en neerlandés, ("Pequena Curaçao") é unha pequena illa do mar Caribe que pertence administrativamente a Illa de Curaçao (que depende á súa vez das Antillas Holandesas). Posúe unha superficie estimada en 1,7 km².
É un pequeno illote deshabitado (non posúe poboación permanente) situado a 28 quilómetros ao sursueste da Illa de Curaçao da que provén o nome desta illa, "Pequena Curaçao". As construcións principais son un vello faro e unhas casas de praia.
Pequenos botes visitan a illa todos os días, está gardada polos Gardacostas das Antillas Holandesas. Entre as principais actividades económicas destacan o turismo, sobre todo o mergullo e paseos en botes.
Antigamente, as cabras percorrian a illa, o que contribuíu á desertificación. En 1871, John Godden, enxeñeiro mineiro inglés, visitou a illa e ata 1886 estrouxose fosfato e exportouse a Europa. A illa foi minada, o nivel da illa baixou e as poboacións de aves mariñas caeron. Actualmente, se esta levando a cabo a súa reforestación. A illa tamén xogou un papel no comercio de escravos. A Compañía Holandesa das Indias Occidentais trouxo a moitos escravos de África a Curaçao. Antes de que estes escravos chegasen a terra en Curaçao, os enfermos eran deixados en corentena en Klein Curaçao. Os restos deste primeiro edificio de corentena aínda se poden atopar no noroeste da illa. Os escravos e outros pasaxeiros que non sobrevivian á viaxe eran enterrados en Klein Curaçao. Na parte sur da illa hai varias tumbas.
A Compañía Holandesa das Indias Occidentais tamén recibiu licenzas para cazar a foca monxe en perigo de extinción en Klein Curaçao. Do mesmo xeito que a súa illa nai de Curaçao, a illa está pouco afectada polos furacáns, pero varias grandes tormentas deixaron a súa pegada. O primeiro foi o furacán de 1877, que destruíu o primeiro faro da illa. O seguinte faro, que aínda pervive, foi construído no interior da illa.
Klein Curaçao non ten habitantes permanentes, só algúns cobertizos cubertos de palmeiras para excursionistas de Curaçao, e ademais dalgunhas palmas de coco ten pouca vexetación. Hai algunhas cabanas de pescadores onde normalmente permanecen algúns días. Obteñen auga da garda costeira holandesa de Curaçao. O lado do barlovento é un cemiterio para barcos que non se mantiveron o suficientemente afastados ou perderon potencia. Un pequeno barco cisterna, o Maria Bianca Guidesman, está sendo desguazado paulatinamente polos constantes golpes das ondas. Os restos doutros catro ou cinco barcos foron arrastrados a terra.