Hanabiko "Koko", nada o 4 de xullo de 1971 e finada o 21 de xuño de 2018, foi unha Gorilla gorilla gorilla coñecida por aprender un gran número de sinais dunha versión modificada da lingua de sinais americana. A súa coidadora, Francine "Penny" Patterson, afirma que Koko era quen de entender máis de 1 000 sinais do que Patterson chama "lingua de sinais gorila" (GSL).[1] En contraste con outros intentos experimentais de ensinar a lingua de sinais a primates, Patterson expuxo ó mesmo tempo a Koko ó inglés falado dende moi cativa. A vida de Koko e o seu proceso de aprendizaxe foi recollido por Patterson e algúns dos seus colaboradores en libros, artigos, publicacións e na súa páxina web.
Ó igual que noutros experimentos lingüísticos con grandes primates, conforme Koko foi dominando e demostrando estes sinais, a súa habilidade foi discutida nun estudo publicado en 1999.[2] Mais está xeralmente aceptado que non empregaba sintaxe ou gramática, e que o seu coñecemento da lingua non supera o que pode ter un neno moi pequeno.[3][4][5][6][7]
Koko naceu no Zoolóxico de San Francisco e viviu a meirande parte da súa vida en Woodside, California, malia que o traslado a un santuario de Maui, Hawaii foi proposto dende a década de 1990.[8] O nome Hanabiko (花火子, literalmente "nena dos fogos de artificio"?) é en lembranza do seu aniversario, que cadrou o 4 de xullo, día nacional americano. Koko tamén gañou notoriedade cando adoptou un gato.
Koko e o traballo da doutora Patterson foron obxecto de varios libros e documentais.
- 1978 Koko: A Talking Gorilla, un filme documental de Barbet Schroeder.
- 1980 Congo, unha novela de Michael Crichton inspirada na historia de Koko.
- 1981 The Education of Koko, un libro de Patterson e o naturalista Eugene Linden.
- 1985 Koko's Kitten, un libro de fotografía de Patterson e Ronald Cohn.
- 1986 Silent Partners: The Legacy of the Ape Language Experiments, un libro de Eugene Linden.
- 1987 Koko's Story, un libro infantil de Patterson para Scholastic Corporation.
- 1990 Koko's Kitten, unha curta de 15 minutos da historia de como un gorila adopta un micho.
- 1995 Congo (filme), vagamente baseado na novela homónima de Crichton.
- 1999 A Conversation with Koko, un documental de PBS para "Nature" narrado por Martin Sheen.
- 1999 The Parrot's Lament, de Eugene Linden.
- 2000 Koko-Love!, un libro de fotografía de Patterson e Ronald Cohn.
- 2001 Koko and Robin Williams, unha curta sobre o seu encontro e amizade.
- ↑ Fischer, Steven R. (1999). Reaktion Books, ed. A History of Language. pp. 26–28. ISBN 1-86189-080-X.
- ↑ Ward, B. (1999). Koko: Fact or Fiction?. American Language Review, 3(3), 12-15.
- ↑ Michael W. Eysenck, 2000, Psychology: A Student's Handbook Taylor & Francis, p. 247
- ↑ Victoria Fromkin, Robert Rodman, Nina Hyams. 2013. An Introduction to Language. Cengage Learning, pp. 20-21
- ↑ William A. Haviland, Harald E. L. Prins, Dana Walrath, Bunny McBride. 2012. The Essence of Anthropology 3rd ed. Cengage Learning, p. 178
- ↑ Gisela Håkansson, Jennie Westander. 2013. Communication in Humans and Other Animals. John Benjamins Publishing, p. 131
- ↑ Joel Wallman.1992.
Aping Language. Cambridge University Press, p. 20
- ↑ The Maui News, ed. (1 de outubro de 2007). "CHECK IT OUT: Gorilla project under redesign". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2009. Consultado o 16 de maio de 2008.
- Patterson, F. G. P. (2001). Biruté M.F. Galdikas, Nancy Erickson Briggs, Lori K. Sheeran, Gary L. Shapiro, Jane Goodall, eds. All Apes Great and Small: African Apes. pp. 165–176. ISBN 0-306-46757-7.
- Patterson, Dr. Francine (1987). Koko's Kitten. Scholastic, Inc. ISBN 0-590-44425-5
- Patterson, Francine e Wendy Gordon (1993) "The case for the personhood of gorillas" In: P Cavalieri e P Singer (Eds) The great ape project: Equality beyond humanity, St. Martin's Press, pp. 58–77. ISBN 9780312118181.
- Weiner, Jody (2005) "Hot Koko". California Lawyer Arquivado 16 de agosto de 2018 en Wayback Machine. p. 80.
- Weiner, Jody. "Hot Koko & the Fetching Cat". Kinship with Animals. Updated Edition Ed. Kate Solisti and Michael Tobias. San Francisco/Tulsa: Council Oak, 2006. 182-88. ISBN 978-1571781895