Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Malí | ||||
Rexión | Mopti (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 838 km² | ||||
Altitude | 268 m | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Pacé (1990–) | ||||
Konna é unha cidade e comuna rural no Cercle de Mopti na rexión de Mopti, en Malí. A cicade dista a 60 km ao nordés de Mopti. A autoestrada principal RN16, que conecta Sévaré con Gao, ramifícase ao leste xusto ao sur da cidade. A comuna ten unha área de aproximadamente 838 km², e contén a cidade e 24 aldeas veciñas.[1] No 2009 tiña unha poboación de 36 767 habitantes.[2]
Cada xoves, celébrase un mercado na cidade que atrae a xente dos asentamentos dos arredores.[3]
En xaneiro de 2013, Konna foi capturada polos islamistas.[4] O ataque desencadeou a intervención francesa na guerra,[5] e coa súa axuda, as forzas de goberno de Malí lanzaron rapidamente un contraataque para retomar a cidade.[6][7] Ao principio, o goberno de Malí anunciou que a cidade xa estaba baixo o seu control.[8] Porén, militares do exército francés negaron estes feitos.[9] A cidade volveu estar baixo o control de Malí tres días máis tarde.[10]