O Koovee é un club polideportivo da cidade de Tampere, Finlandia. O club foi fundado en 1929.
O Koovee fundouse o 24 de outubro de 1929, e nunha semana xa contaba con 150 persoas asociadas, cunha importante presenza feminina para a época cun 40 mulleres socias. Os primeiros éxitos do novo club non tardaron en chegar, e dúas semanas despois da súa fundación o loitador Matti Nurmi gañou os torneos de loita libre en Jämsä.[1]
En 1935 o Koovee era o segundo club máis grande da cidade de Tampere con 964 e membros, só superado polo Tampereen Pyrintö, que conntaba con 1 035.[2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Koovee |