Kosmos 108 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 11 de febreiro de 1966, 18:00 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Kosmos[2][5] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Estudo das capas superiores da atmosfera terrestre.[2] |
Decaemento | 21 de novembro de 1966[1] |
NSSDC ID | 1966-011A |
Masa | 355 kg[6] |
Kosmos 108 (Космос 108 en ruso), tamén denominado DS-U1-G Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 11 de febreiro de 1966 mediante un foguete Kosmos desde a base de Kapustin Yar.[2][5][7]
Kosmos 108 foi o primeiro membro da serie de satélites DS-U1-G. Estaba adicado a estudar as capas superiores da atmosfera terrestre e a súa relación coas variacións da actividade solar. Foi inxectado nunha órbita inicial de 865 km de apoxeo e 227 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,9 graos e un período de 95,3 minutos. Reentrou na atmosfera o 21 de novembro de 1966.[1][3][6]