Kosmos 116 | |
---|---|
Tipo | Militar |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 26 de abril de 1966, 10:04 GMT[1][2][3][4][5] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][6] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Servir como obxectivos para probas de sistemas antisatélite (ASAT) e antimísiles e de control do espazo.[2] |
Decaemento | 3 de decembro de 1966[1] |
NSSDC ID | 1966-036A |
Masa | 325 kg[7] |
Kosmos 116 (Космос 116 en ruso), tamén denominado DS-P1-Yu Nº 5, foi un satélite artificial soviético lanzado o 26 de abril de 1966 mediante un foguete Kosmos 2I desde Kapustin Yar.[2][6]
Kosmos 116 foi o quinto membro da serie de satélites DS-P1-Yu e o cuarto lanzado con éxito tralo fracaso do lanzamento do segundo membro da serie. Estaba adicado a servir como obxectivos para as probas antisatélites e antimísiles soviéticas.[3][7]
Kosmos 116 foi inxectado nunha órbita inicial de 478 km de apoxeo e 294 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 92,0 minutos. Reentrou na atmosfera o 3 de decembro de 1966.[1][3][7]