Kosmos 135 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 12 de decembro de 1966, 20:38 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][5] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da presenza e distribución dos micrometeoroides na órbita terrestre e realización de observacións astronómicas no rango da radiación gamma.[2][6] |
Decaemento | 12 de abril de 1967[1] |
NSSDC ID | 1966-112A |
Masa | 355 kg[2][7] |
Kosmos 135 (Космос 135 en ruso), tamén denominado DS-U2-MP Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 12 de decembro de 1966 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.[2][5][6]
Kosmos 135 foi o primeiro membro do modelo de satélites DS-U2-MP. Estaba adicado a facer observacións científicas relacionadas coa presenza de micrometeoroides na órbita terrestre e a facer observacións astronómicas no rango da radiación gamma. Foi seguido polo Kosmos 163. Kosmos 135 foi inxectado nunha órbita inicial de 662 km de apoxeo e 259 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,5 graos e un período de 93,6 minutos. Reentrou na atmosfera o 12 de abril de 1967.[1][3][7]
Kosmos 135 descartou a existencia dunha nube de po cósmico rodeando a Terra, hipotizada antes do seu lanzamento.[8]
Kosmos 135 levaba a bordo, entre outros instrumentos, un espectrómetro centeleador de raios gamma de 64 canais composto por un cristal detector de 40 x 40 mm de ioduro de sodio completamente envolto por unha capa plástica de 5 mm de espesor para protexelo das partículas cargadas. O cristal estaba apuntado a un tubo fotomultiplicador e podía observar no rango entre 0,4 a 2,4 MeV. O conxunto detector estaba situado a 0,5 metros do corpo da nave. Os espectros gamma tomábanse cada 10 minutos.[6]