Kosmos 163 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 5 de xuño de 1967, 05:03 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][5] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da presenza e distribución dos micrometeoroides na órbita terrestre e realización de observacións astronómicas no rango da radiación gamma.[2][6] |
Decaemento | 11 de outubro de 1967[1] |
NSSDC ID | 1967-056A |
Masa | 357 kg[2][7] |
Kosmos 163 (Космос 163 en ruso), tamén denominado DS-U2-MP Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 5 de xuño de 1967 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.[2][5][6][8]
Kosmos 163 foi o segundo e último membro do modelo de satélites DS-U2-MP. Estaba adicado a facer observacións científicas relacionadas coa presenza de micrometeoroides na órbita terrestre e a facer observacións astronómicas no rango da radiación gamma. Foi precedido polo Kosmos 135. Kosmos 163 foi inxectado nunha órbita inicial de 286 km de apoxeo e 201 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 51,8 graos e un período de 93,1 minutos. Reentrou na atmosfera o 11 de outubro de 1967.[1][3][7]
Kosmos 163 levaba a bordo, entre outros instrumentos, un espectrómetro centeleador de raios gamma de 64 canais composto por un cristal detector de 40 x 40 mm de ioduro de sodio completamente envolto por unha capa plástica de 5 mm de espesor para protexelo das partículas cargadas. O cristal estaba apuntado a un tubo fotomultiplicador e podía observar no rango entre 0,3 a 3,7 MeV. O conxunto detector estaba situado a 3 metros do corpo da nave. Os espectros gamma tomábanse cada 10 minutos.[6]