Kosmos 186 | |
---|---|
![]() Selo celebrando o voo de Kosmos 186 e Kosmos 188 | |
Tipo | Demostrador tecnolóxico |
Data de lanzamento | 27 de outubro de 1967[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz 11A511[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Obxectivo da misión | Probas en órbita.[2][5] |
Regreso | 31 de outubro de 1967[1] |
NSSDC ID | 1967-105A |
Kosmos 186 ou Cosmos 186 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 27 de outubro de 1967 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]
Kosmos 186 foi unha Soiuz modelo 7K-OK de tipo pasivo lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas en órbita xunto con Kosmos 188. Despois da traxedia da Soiuz 1 a Unión Soviética retomou as probas non tripuladas das naves Soiuz. Desta vez lanzáronse dúas Soiuz non tripuladas co obxectivo de encontrarse en órbita e facer manobras de aproximación e finalmene acoplarse de maneira totalmente automática, conseguindoo o 30 de outubro e sendo a primeira vez que se lograba en toda a carreira espacial. As naves voaron acopladas durante tres horas e media para logo volver cada unha polo seu lado. Kosmos 186 regresou o 31 de outubro mediante un descenso balístico, aterrando tal como estaba previsto.[2][3][4][5]