Kosmos 196 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 19 de decembro de 1967, 6:30 GMT[1][2][3][4][5] |
Foguete portador | Kosmos[2][6] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Estudo das capas superiores da atmosfera terrestre.[2] |
Decaemento | 7 de xullo de 1968[1] |
NSSDC ID | 1967-125A |
Masa | 355 kg[7] |
Kosmos 196 (Космос 196 en ruso), tamén denominado DS-U1-G Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 19 de decembro de 1967 mediante un foguete Kosmos desde a base de Kapustin Yar.[2][6][8][9]
Kosmos 196 foi o segundo e último membro da serie de satélites DS-U1-G. Estaba adicado, como o seu predecesor Kosmos 108, a estudar as capas superiores da atmosfera terrestre e a súa relación coas variacións da actividade solar. Foi inxectado nunha órbita inicial de 887 km de apoxeo e 225 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 49 graos e un período de 95,5 minutos. Reentrou na atmosfera o 7 de xullo de 1968.[1][3][5][7]