Kosmos 202 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 20 de febreiro de 1968, 10:03 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][5] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Desenvolvemento de tecnoloxía militar.[2] |
Decaemento | 24 de marzo de 1968[1] |
NSSDC ID | 1968-010A |
Masa | 400 kg[2][6] |
Kosmos 202 (Космос 202 en ruso), tamén denominado DS-U2-V Nº 4, foi un satélite artificial soviético lanzado o 20 de febreiro de 1968 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.[2][5][7]
Kosmos 202 foi o cuarto e último membro do modelo de satélites DS-U2-V. Estivo adicado a desenvolver tecnoloxía militar aínda clasificada. Foi precedido polo Kosmos 197. Kosmos 202 foi inxectado nunha órbita inicial de 488 km de apoxeo e 210 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 91,5 minutos. Reentrou na atmosfera o 24 de marzo de 1968.[1][3][6]