Kosmos 204 | |
---|---|
Tipo | Militar |
Destino actual | Reentrado na atmosfera. |
Data de lanzamento | 5 de marzo de 1968, 11:20 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[2] |
Obxectivo da misión | Servir de obxectivo para os radares militares terrestres.[2] |
Decaemento | 2 de marzo de 1969[1] |
NSSDC ID | 1968-015A |
Masa | 400 kg[5] |
Kosmos 204 (Космос 204 en ruso), tamén denominado DS-P1-I Nº 3, foi un satélite artificial soviético lanzado o 5 de marzo de 1968 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][4]
Kosmos 204 foi o terceiro membro da serie de satélites DS-P1-I, adicados a servir como obxectivos dos radares militares terrestres para a súa calibración. Foi lanzado por un foguete Kosmos 2I e inxectado nunha órbita inicial de 436 km de apoxeo e 275 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71,0 graos e un período de 91,3 minutos.[3][5]
Kosmos 204 reentrou na atmosfera o 2 de marzo de 1969.[1]