Kosmos 219 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 26 de abril de 1968, 4:42 GMT[1][2][3][4][5] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][6] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da magnetosfera terrestre e as partículas cargadas.[2] |
Decaemento | 2 de marzo de 1969[1] |
NSSDC ID | 1968-038A |
Masa | 400 kg[7] |
Kosmos 219 (Космос 219 en ruso), tamén denominado DS-U2-D Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 26 de abril de 1968 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.[2][6][8][9]
Kosmos 219 foi o segundo e último membro do modelo de satélites DS-U2-D. Estaba adicado a facer observacións das partículas cargadas e da magnetosfera terrestre, seguindo as observacións que fixo o primeiro membro da serie, o Kosmos 137. Kosmos 219 foi inxectado nunha órbita inicial de 1770 km de apoxeo e 222 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 104,6 minutos. Reentrou na atmosfera o 2 de marzo de 1969.[1][3][7]
Kosmos 219 obtivo o espectro de electróns na parte interior do cinto de Van Allen e mediu a distribución angular de partículas ó longo da súa órbita.